martes, 19 de mayo de 2020

CASTELOS DE GALICIA: ESTE VERÁN, QUÉDATE EN GALICIA

Vas realizar unha pequena viaxe de dous días por Galicia. Sairás de Moaña en dirección a un Castelo Medieval que visitarás pola mañán e despois pola tarde terás que dirixirte  a Santiago de Compostela para pasar a noite nun hotel.
Vas ter que facer un informe ou un diario de viaxe atendendo aos seguintes puntos.

1.       Sitúa o castelo: localidade, comarca , provincia.

2.       Comenta un par de elementos do relevo que destacan no teu percorrido.

3.       Elabora un texto con información sobre o Castelo.

4.       Elixe un lugar que che pareza interesante para facer unha parada de descanso pola tarde

5.       Calcula a distancia en Km, Hm, Dam e metros que hai entre Moaña e a localidade do Castelo e tamén a distancia desde aí ata Santiago de Compostela.

6.       Fai un presuposto aproximado dos gastos de gasolina, entradas, comidas…para ese día.




No hay comentarios:

Publicar un comentario