martes, 20 de agosto de 2019

Educación física

Educación Física  5º - 6º


Dende a  área de educación física propóñovos que fagades algunhas das tarefas
seguintes. Todas as actividades son unha guía para que ti poidas adaptalas
ás circunstancias da túa vivenda e aos recursos dos que dispoñas e tamén o voso ritmo,
ocupando o tempo que teñades.

Actividade opcional 1. Rutina individual con cordas.



Intentaredes practicar a rutina individual (corda corta) na casa.
Durante a semana intenta saltar á corda polo menos 5/10 minutos ao día e seguro
que fas unha rutina perfecta. Podes intentar saltar de formas diferentes.
Se non tedes corda, saltamos de maneira imaxinaria.


Actividade voluntaria 2: Reto de coordinación de pernas. Traballo de coordinación.
Agora intentarás elixir 8 de calquera dos exercicios que podes ver nestes vídeos.
O longo da semana podes ir cambiando os exercicios elixidos.

Tes que facer polo menos 4 saltos de cada exercicio.

Actividade voluntaria3: Mellorar a condición física.


Exercicios para traballar a condición física.No seguinte enlace: genially: enlace: genially:
Un xogo da oca ao que podedes xogar sos ou cos familiares que esteades estes días.
Tamén aparecen as explicacións de cada exercicio.

MOI IMPORTANTE: Que cada un practique segundo a súa condición física e seguide os
consellos e explicacións dos vídeos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario