miércoles, 25 de noviembre de 2020

O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Trátase dunha data institucionalizada polas Nacións Unidas no ano 2000, que tamén se recolle no noso calendario escolar, e que busca visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra as mulleres de todo o mundo.

 

Na nosa aula realizamos un mural para conmemorar este día. No centro do mural temos a Mafalda, personaxe de Quino que desde sempre nos invitou a reflexionar sobre o machismo e o rol da muller nas súas aventuras cos seus amigos.

 

Aquí podedes ver un vídeo en recordo do traballo realizado.



 

miércoles, 17 de junio de 2020

REINTERPRETAMOS UN CONTO DE CARVALHO CALERO: AS PITAS BAIXO A CHUVIA

O confinamento non detivo a nosa creatividade. Cada un de nós botamos man do que tiñamos pola casa e, como podedes ver, tamén do que había nos quinteiros. Creamos decorados, moldeamos as pitas e os galos, aproveitamos lápices como monicreques, puxemos os nosos mellores traxes para facer unha lectura teatralizada, pedimos a colaboración de toda a familia para participar como actores, entramos nos galiñeiros, etc.
E o resultado é este video no que podedes ver o cariño que lle temos a nosa lingua ao mesmo tempo que lle rendimos unha homenaxe a Carvalho Calero, un dos grandes defensores e estudiosos da lingua galega.







CANTAMOS E RECITAMOS CON RICARDO CARVALHO CALERO

Mai canta "Deus"


Mario canta  "Teño unha dor "

Itziar recita "Teño una dor"
                                              
Tomé  canta  "Teño unha dor "

María Silencio

Lucas
Beatriz

martes, 19 de mayo de 2020

CASTELOS DE GALICIA: ESTE VERÁN, QUÉDATE EN GALICIA

Vas realizar unha pequena viaxe de dous días por Galicia. Sairás de Moaña en dirección a un Castelo Medieval que visitarás pola mañán e despois pola tarde terás que dirixirte  a Santiago de Compostela para pasar a noite nun hotel.
Vas ter que facer un informe ou un diario de viaxe atendendo aos seguintes puntos.

1.       Sitúa o castelo: localidade, comarca , provincia.

2.       Comenta un par de elementos do relevo que destacan no teu percorrido.

3.       Elabora un texto con información sobre o Castelo.

4.       Elixe un lugar que che pareza interesante para facer unha parada de descanso pola tarde

5.       Calcula a distancia en Km, Hm, Dam e metros que hai entre Moaña e a localidade do Castelo e tamén a distancia desde aí ata Santiago de Compostela.

6.       Fai un presuposto aproximado dos gastos de gasolina, entradas, comidas…para ese día.




miércoles, 6 de mayo de 2020

QUÉDATE EN GALICIA


Este verán imos ter a oportunidade de coñecer Galicia máis profundamente porque seguramente non poidamos
facer grandes desprazamentos.
No curso de 5º contamos cun grupo de intrépidos estudiosos da Historia e da Xeografía galegas que nos
ofrecerán diferentes posibilidades de rutas para as nosas vacacións.
Imos empezar cun pouco de Historia para situarnos nos diferentes espazos que poderemos visitar.








                                                                                                                                
























Benvida do alumnado de quinto ao mes de maio. 1ª parte

Benvida do alumnado de quinto ao mes de maio.


















































Como será o tempo no mês de maio em todo o Brasil?










Benvida do alumnado de quinto ao mes de maio 2ª parte


Benvida do alumnado de quinto ao mes de maio





sábado, 2 de mayo de 2020

BOOKTUBERS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 2020 2ª parte

Os Booktubeiros de 5º de primaria fan as súas recomendacións lectoras.
Mirade con que entusiasmo nos falan dos seus libros preferidos.














BOOKTUBERS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 2020 1ª parte

Os Booktubeiros de 5º de primaria fan as súas recomendacións lectoras.
Mirade con que entusiasmo nos falan dos seus libros preferidos.







jueves, 2 de abril de 2020

ROMANCES 5º PRIMARIA 1ª parte

Alguns dos marabillosos traballos feitos polo alumndo de quinto utilizando diferentes tecnicas para facernos chegar o que lles transmitían: o stopmotion de Sabela, as marionetas de Leyre e os romances cantados e recitados por moitos de eles
















ROMANCES 5º DE PRIMARIA 2ª parte



Alguns dos marabillosos traballos feitos polo alumndo de quinto utilizando diferentes tecnicas para facernos chegar o que lles transmitían: o stopmotion de Sabela, as marionetas de Leyre e os romances cantados e recitados por moitos de eles.


















miércoles, 12 de febrero de 2020

ENTREVISTA A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


Hoxe Antonio García Teijeiro , premio nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, estivo en Seara visitando aos alumnos dos primeiros cursos de primaria.O alumnado de quinto aproveitou a ocasión para facerlle unha entrevista en Radio Seara.