Este ano grazas a Ángel, o pai de Inés, tivemos a oportunidade de saber un pouco máis sobre a orixe da Capoeira.
Ángel chegou acompañado por Bambino, graduado da Escola Abadá Capoeira. Eles contáronnos que a capoeira é unha danza defensiva orixinaria dos esclavos africanos levados a Brasil.
Actualmente esta danza vai acompañada de cancións e instrumentos musicais como o berimbao, pandeiro, atabaque, agogó... así a defensa de obxectivos como a densensa, o respecto e a forza.
Moitas grazas por ternos visitado!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario