viernes, 12 de febrero de 2021

Tempo de Entroido

Chegou o Entroido e pese á situación na que estamos inmersos procuramos celebralo do mellor xeito posible. Como cada ano, ao longo da semana seguimos as instruccións do Meco e ademáis o venres fixemos a gran festa de Entroido.

Aquí temos algúns vídeos para recordar o ven que o pasamos.

 




lunes, 8 de febrero de 2021

Obradoiro de regueifas

Regueifa = PAN DE VODA

Estrofas = COPLAS POPULARES     

4 versos octosílabos

Rimando os pares 2º e 4º

Rima asonante ou consonante

RIMA e RITMO

LEIXAPRÉN

TARA-RIRO-RIRO-RIRO......


Canto aprendemos neste obradoiro!! e que ben o pasamos!! 

Aquí temos unhas fotos para o recordo 😀

 





Despois do obradoiro de regueifas tivemos a oportunidade de participar no concurso de regueifas organizado polo concello.

Estes son os vídeos participantes da clase de 5ºA.

Felicidades Aroa e Carla por ser as dúas finalistas en representación do noso cole!







miércoles, 25 de noviembre de 2020

O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Trátase dunha data institucionalizada polas Nacións Unidas no ano 2000, que tamén se recolle no noso calendario escolar, e que busca visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra as mulleres de todo o mundo.

 

Na nosa aula realizamos un mural para conmemorar este día. No centro do mural temos a Mafalda, personaxe de Quino que desde sempre nos invitou a reflexionar sobre o machismo e o rol da muller nas súas aventuras cos seus amigos.

 

Aquí podedes ver un vídeo en recordo do traballo realizado.



 

miércoles, 17 de junio de 2020

REINTERPRETAMOS UN CONTO DE CARVALHO CALERO: AS PITAS BAIXO A CHUVIA

O confinamento non detivo a nosa creatividade. Cada un de nós botamos man do que tiñamos pola casa e, como podedes ver, tamén do que había nos quinteiros. Creamos decorados, moldeamos as pitas e os galos, aproveitamos lápices como monicreques, puxemos os nosos mellores traxes para facer unha lectura teatralizada, pedimos a colaboración de toda a familia para participar como actores, entramos nos galiñeiros, etc.
E o resultado é este video no que podedes ver o cariño que lle temos a nosa lingua ao mesmo tempo que lle rendimos unha homenaxe a Carvalho Calero, un dos grandes defensores e estudiosos da lingua galega.







CANTAMOS E RECITAMOS CON RICARDO CARVALHO CALERO

Mai canta "Deus"


Mario canta  "Teño unha dor "

Itziar recita "Teño una dor"
                                              
Tomé  canta  "Teño unha dor "

María Silencio

Lucas
Beatriz