Que ben o pasamos con Delmi e Simran!
viernes, 22 de enero de 2021
miércoles, 25 de noviembre de 2020
O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Trátase dunha data institucionalizada polas Nacións Unidas no ano 2000, que tamén se recolle no noso calendario escolar, e que busca visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra as mulleres de todo o mundo.
Na nosa aula realizamos un mural para conmemorar este día. No centro do mural temos a Mafalda, personaxe de Quino que desde sempre nos invitou a reflexionar sobre o machismo e o rol da muller nas súas aventuras cos seus amigos.
Aquí podedes ver un vídeo en recordo do traballo realizado.
viernes, 26 de junio de 2020
martes, 23 de junio de 2020
PIPPI MEDIASLONGAS
Estes son algúns dos traballos plásticos que fixemos,
despois de gozar e rir coma tolos co marabilloso libro de AstridA Lindgren.
miércoles, 17 de junio de 2020
REINTERPRETAMOS UN CONTO DE CARVALHO CALERO: AS PITAS BAIXO A CHUVIA
O confinamento non detivo a nosa creatividade. Cada un de nós botamos man do que tiñamos pola casa e, como podedes ver, tamén do que había nos quinteiros. Creamos decorados, moldeamos as pitas e os galos, aproveitamos lápices como monicreques, puxemos os nosos mellores traxes para facer unha lectura teatralizada, pedimos a colaboración de toda a familia para participar como actores, entramos nos galiñeiros, etc.
E o resultado é este video no que podedes ver o cariño que lle temos a nosa lingua ao mesmo tempo que lle rendimos unha homenaxe a Carvalho Calero, un dos grandes defensores e estudiosos da lingua galega.
E o resultado é este video no que podedes ver o cariño que lle temos a nosa lingua ao mesmo tempo que lle rendimos unha homenaxe a Carvalho Calero, un dos grandes defensores e estudiosos da lingua galega.
CANTAMOS E RECITAMOS CON RICARDO CARVALHO CALERO
Mai canta "Deus"
Mario canta "Teño unha dor "
Itziar recita "Teño una dor"
Tomé canta "Teño unha dor "
María Silencio
Lucas
Beatriz
miércoles, 10 de junio de 2020
miércoles, 3 de junio de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


