viernes, 26 de marzo de 2021

Fálame, que te sinto

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa, chegounos a proposta de participar no concurso “Fálame, que te sinto” co obxectivo de fomentar no alumnado o gusto pola lingua galega aplicada a representación de obras de teatrais creadas polo alumnado.

Estes son os vídeos resultado de todo o traballo realizado!






 

lunes, 22 de marzo de 2021

O día 21 de marzo celébrase o DÍA DA POESÍA



Na aula de 5ºA estiveros traballando para elaborar a estrofa que formará parte da poesía feita entre todo cole para conmemorar o Día da Poesía.

Estamos moi orgullosos do resultado e queremos compartilo con todos vós.

No seguinte vídeo podedes ver como o fixemos!

Nos corredores do colexio tamén podedes ver o resultado final así como no blog da biblio.

Un saúdo!



 



 

 

lunes, 15 de marzo de 2021

21 días en galego

 Adquirir e mellorar a competencia lingüística en galego é o obxectivo da campaña "21 días en galego".

Os participantes de 5ºA que acadaron o reto de manter a lingua 21 días levaron como premio unha camiseta.

Guapísimos e guapísimas 😍😍😍😍




 


lunes, 8 de marzo de 2021

8 M Día Internacional da Muller

 

DICCIONARIO DE LA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA:

 

feminismo

Del fr. féminisme, y este del lat. femĭna 'mujer' y el fr. -isme '-ismo'.

1. m. Principio de igualdad de derechos de la mujer y el hombre.

2. m. Movimiento que lucha por la realización efectiva en todos los órdenes del feminismo.

https://dle.rae.es/feminismo 

 

O feminismo é igualdade, reclama igualdade e loita pola igualdade de mulleres e homes en todo o mundo. Así se reivindica o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, e así o sabemos na nosa aula.

O seguinte vídeo recolle o resultado da búsqueda de información realizada polo alumnado sobre 15 mulleres importantes na nosa historia.