QUINTO SEARA
Blogue de quinto curso do Ceip Seara de Moaña
viernes, 11 de junio de 2021
O mar comeza aquí - 5ºA
martes, 1 de junio de 2021
Bosque de ribeira no río da Fraga
viernes, 23 de abril de 2021
Pintar con luz
O venres participamos nun taller de iniciación á fotografía.
Aprendemos moito sobre as normas básicas para que unha foto quede bonita, pero ademáis coñecemos cales foron as orixes das cámaras de fotos gracias a Aristóteles.
O mellor de todo foi poder elaborar o noso propio proxector de imaxes empregando unha caixa de zapatos e unha lupa.
A biblioteca do cole. Alumnado de 5ºA
Podedes ver o vídeo completo no seguinte enlace:
https://caranvexo.gal/index.php/caranvexornal
miércoles, 21 de abril de 2021
Leticia Santos nos visita para falarnos sobre enerxías verdes
A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, visitounos este mércores para falarnos sobre as diferencias entre as enerxías verdes e as renovables.
viernes, 16 de abril de 2021
viernes, 26 de marzo de 2021
Fálame, que te sinto
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa, chegounos a proposta de participar no concurso “Fálame, que te sinto” co obxectivo de fomentar no alumnado o gusto pola lingua galega aplicada a representación de obras de teatrais creadas polo alumnado.
Estes son os vídeos resultado de todo o traballo realizado!
lunes, 22 de marzo de 2021
O día 21 de marzo celébrase o DÍA DA POESÍA
Na aula de 5ºA estiveros traballando para elaborar a estrofa que formará parte da poesía feita entre todo cole para conmemorar o Día da Poesía.
Estamos moi orgullosos do resultado e queremos compartilo con todos vós.
No seguinte vídeo podedes ver como o fixemos!
Nos corredores do colexio tamén podedes ver o resultado final así como no blog da biblio.
Un saúdo!
lunes, 15 de marzo de 2021
21 días en galego
Adquirir e mellorar a competencia lingüística en galego é o obxectivo da campaña "21 días en galego".
Os participantes de 5ºA que acadaron o reto de manter a lingua 21 días levaron como premio unha camiseta.
Guapísimos e guapísimas 😍😍😍😍
lunes, 8 de marzo de 2021
8 M Día Internacional da Muller
DICCIONARIO DE LA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA:
feminismo
Del fr. féminisme, y este del lat. femĭna 'mujer' y el fr. -isme '-ismo'.
1. m. Principio de igualdad de derechos de la mujer y el hombre.
2. m. Movimiento que lucha por la realización efectiva en todos los órdenes del feminismo.
O feminismo é igualdade, reclama igualdade e loita pola igualdade de mulleres e homes en todo o mundo. Así se reivindica o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, e así o sabemos na nosa aula.
O seguinte vídeo recolle o resultado da búsqueda de información realizada polo alumnado sobre 15 mulleres importantes na nosa historia.